Alegria Cuac Fm's Podcast

Informações:

Sinopsis

Programa en antena desde 2003. Realizado por Bea Ulalume, Mr. Bugalú y Tomi Desastre. Hablamos de actualidad mundial, gallega, coruñesa, española. Entrevistamos a gente con mucho que contar y lo hacemos en GALEGO !!!

Episodios

  • Alegría en CUAC FM. Último da 8ª tempada. 30/06/2011

    01/07/2011 Duración: 56min

    Despedimos a tempada con convidados e convidada. Música e arte en directo. Pablo Rodríguez, xente do Proxecto Cárcere (proxecto que gañou o noso Oscuac a mellor proposta colectiva para mellorar a cidade...) Bea Ulalume non puido estar e botamos de menos a sua econova. Mr Bugalú e Tomi Desastre deron todo o que teñen ante os micros... non, teñen moito máis, pero será na vindeira tempada. Disfrutade do programa!!! Por certo, na 9ª tempada cambiaremos de páxina na que colgar os podcast. En Podomatic temos que borrar continuamente os anteriores. Visitade www.cuacfm.org e saberedes onde estamos. E se tes Android no teu mobil ou tablet, descarga a Aplicación gratuita de CUAC FM para escoitarnos alá onde esteas.

  • Alegría en CUAC FM. 21X08 do 11 de marzo de 2011

    13/03/2011 Duración: 56min

    Qué barbaridade de titular o da Voz de Galicia!!! E anda que non falamos hoxe de cousas interesantes. Pero mellor será que nos escoites. Veña ese play! Graciñas! Foto do Ágora, novo centro cívico e moitas máis cousas do que disfrutaremos en breve. Gran edificio e agardamos que nos ofreza grandes Alegrías para a cidade.

  • Alegría en CUAC FM. 20X08 do día 3 de marzo de 2011

    08/03/2011 Duración: 56min

    Saudos!! Con moito retraso, co entroido polo medio, e cun programa perdido (será temporal?) por problemas informáticos alleos a cuac fm, aquí chega a tua dose semanal de Alegría!! Atentas e atentos porque o programa foi apañadiño. Non digo máis para non quitarlle emoción. Na foto, homenaxe a miña aboa que con moitos moitos anos, o día internacional da muller fixo esas 5 potas que vedes para que toda a familia disfrutasemos dunha grande laconada. Vivan as aboas, as nais e as mulleres!!!

  • Alegría en CUAC FM do 17 02 2011. 18X08

    17/02/2011 Duración: 56min

    Ao tolo! Tres entrevistas hoxe. Una con Ana Carballeira, para falar do Espazo solidario (festa colectiva de entidades solidarias da cidade) que se celebra este sábado na sá de Exposicións de Palexco (entrada polo lateral do edificio). E descubrimos que Ana era unha boa ex-cuackera do programa Radio Cativo. Tamén intentamos saber algo máis do pacto cívico e das propostas musicais da cidade. Zonzoo tamén tivo uns minutos. Compran móbiles antiguos e pagan por eles!! Na foto o cartel do espazo solidario deste sábado.

  • Alegría en CUAC FM. 17X08. Día 10 de febreiro de 2011

    10/02/2011 Duración: 56min

    Repasando a actualidade. Recomendando concertos, teatro... 9400 aldeas galegas teñen entre 1 e 5 habitantes. ¿cómo vos quedades? Na foto, a carón do paseo marítimo de Moaña investiron os cartos do segundo plan E en unhas pistas de atletismo chulas para adestrar. Teñen "4 calles" de 400 metros e logo zona de salto de lonxitude... Aquí na Coru, lembro que cando se cargaron as de Riazor prometían facer unhas nos terreos que hai na ronda de Outeiro enfrente de Los Rosales. Tururú!

  • Alegría en CUAC FM. Episodio 15X08. Día 27 de xaneiro de 2011

    30/01/2011 Duración: 56min

    Esta semán foi unha tolemia. Non paramos de traballar de cara a rematar as obras do Estudio Alexandre Bóveda (na imaxe a placa inaugural). O programa foi un desestresante. Non tivemos convidados pero sacamos pola boca unhas cantas cousas que nos tiñan máis tensos que Gmail cando comezan a fluir correos entre membros de CUAC FM. Disfrato con nós!! P.D. Noraboa a tódolos que traballaron na construcción do novo estudio de CUAC FM. Foi un placer compartir traballo con vos.

  • Alegría en CUAC FM. 14X08. Día 20 de xaneiro de 2011

    20/01/2011 Duración: 58min

    Hoxe falamos con Javier Couso (irmán de José Couso), exemplo de loita contra os estados (USA e España). Moi interesante o que nos contou. Tamén tivemos no programa a dous "manteiros". Odio ese termo. Son persoas que veñen aquí a compartir con nós a sua vida, a axudar as suas familias en Senegal...E non lles deixamos case nin existir. É tremendo como contan que un policía da paisano lles ensina unha placa e lles leva incluso a sua bolsa da compra do supermercado, sin que podan facer nada porque o noso estado non lles da papeis. ¿Cómo nos sentaría se iso nolo conta un irmán noso que se vai a traballar a outro país? E con eles veu Vero en representación dun grupo de persoas que van traballar para apoiar a esas persoas migrantes que se merecen o mellor. Pasa, estás na tua casa: Alegría en CUAC FM P.D. A foto é da beirarua pola que tódolos días suben centos de pais a levar aos seus fillos ao colexio San Pedro de Visma, en plena Ronda de outeiro. ¿Accesibilidade? Si, para as pantasmas.